BIODANZA. Sesión especial Entroido

BIODANZA. Sesión especial Entroido

O Entroido é unha festa especial, que nos conecta coa alegría, e co disfrute da vida.

O Entroido é unha festa especial, que nos conecta coa alegría, e co disfrute da vida. Moit@s de nós aproveitamos para xogar a ser, para converternos en representacións de aspectos que quizáis no día a día non nos permitimos sacar. A través deste "xogo" expresamos toda a nosa creatividade.

Propóñoche unha sesión que conxuga todos estes elementos: o xogo, a alegría, o disfrute, a creatividade pero sen disfrazarnos, podendo deixar as máscaras a un lado e permitíndonos ser o que desexemos en cada momento sen necesidade de agocharnos tras un disfraz.
Non é necesaria experiencia previa nin características especiais.
Horario: venres 19:00 a 21:00
Prezo: 15€